PUNTO DE INFORMACION CATASTRA (P.I.C.)

 


O Concello de A Merca (Ourense), obtivo a autorización para a instalación dun Punto de Información Catastral asumindo o papel de intermediario no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ao que poderá desde agora fornecer toda a información que sobre o mesmo exista na base de datos nacional do Catastro.


SERVIZOS A  PRESTAR  POLO PIC

Os servizos aos que se puiden acceder desde o Punto de Información Catastral son os seguintes:


1. Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e cartografía dixital.
2. Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
3. Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
4. Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.

DATOS CATASTRAIS PROTEXIDOS E NON PROTEXIDOS

O artigo 51 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario considera como datos protexidos:


1. Datos relativos aos titulares catastrais: o nome, apelidos, razón social, código de identificación e domicilio.
2. Datos relativos aos bens inmobles: o valor catastral e os valores catastrais do chan e, no seu caso, da construción.
As entidades xestoras do PIC deben salvagardar a privacidade dos datos catastrais protexidos de conformidade coa Lei Orgánica da Protección de Datos de Carácter Persoal (Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro).
Os titulares catastrais que dispoñan de certificado dixital poderán consultar os certificados catastrais dos bens inmobles dos que sexan titulares.

DOCUMENTACION NECESARIA PARA SOLICITAR CERTIFICADO A TRAVÉS DO PIC

DATOS NON PROTEXIDOS

Calquera persoa pode acceder aos datos catastrais non protexidos. Pódeselle informar que pode obtelos gratuitamente a través da páxina Web do catastro http://www.sedecatastro.gob.es/

DATOS PROTEXIDOS

PERSOAS FISICAS

SE O SOLICITANTE é O TITULAR CATASTRAL.

- Debe acreditar a súa identidade mostrando o seu DNI.
- Debe asinar o formulario que se xera ao consultar datos protexidos.

SE O SOLICITANTE ACTUA COMO REPRESENTANTE DO TITULAR CATASTRAL

- Debe achegar a autorización do titular catastral.
- Debe entregar fotocopia do DNI do titular catastral.
- Debe acreditar a súa identidade mostrando o seu DNI.

PERSOAS XURIDICAS

SE O SOLICITANTE é O ADMINISTRADOR ou OU REPRESENTANTE DA EMPRESA
 
- Debe acreditar o cargo achegando copias dos folios da escritura nos que apareza o seu nomeamento.
- Debe achegar fotocopia do DNI.
 
SE O SOLICITANTE é UN AUTORIZADO POLO REPRESENTANTE DA EMPRESA
 
-  Debe achegar autorización asinada polo administrador ou representante da empresa.
- Debe achegar copia dos folios da escritura nos que aparece o nomeamento como administrador ou representante da empresa.
- Debe acreditar a súa identidade mostrando o seu DNI.

CASOS ESPECIAIS

COMUNIDADE DE BENS

No caso das comunidades de propietarios, o presidente da comunidade é quen ostenta a representación da mesma. O cargo deberá acreditarse mediante copia da acta da Xunta de Propietarios no que foi nomeado. O Administrador da comunidade de propietarios poderá solicitar o certificado sempre que teña a autorización do presidente da comunidade.

HERDANZAS

Os herdeiros aínda non son titulares catastrais, polo que non poden solicitar certificados dos bens inmobles do causante a través dos PIC. Teñen interese lexítimo e directo segundo o artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro, pero é a Xerencia o órgano competente para recoñecer este interese e consecuentemente o certificado será expedido exclusivamente pola Xerencia.

Deberán pois, acudir á Xerencia

 MODELOS DE TRAMITES
 Modelo de  solicitude
 Modelo de solicitude con representante
Modelo de autorización